
A nosa primeira excursión, dentro do plan Valora, foi a baixada en piragua polo río Landro. Quedamos ás 10.30 na explanada da variante, para logo subir polo paseo do río ata Porto Chao. O día axudou, se o pedimos por encarga non ven mellor. As once da mañá xa estaban os de Roq-Sport esperándonos coas piraguas preparadas. Un pouco de teoría para saber manexarnos coas embarcacións e, ¡a auga patos!. Pasámolo de medo. Despois dunha hora e media de risas e molladuras chegamos ó pavillón Municipal. Acabábase a aventura. Un día para o recordo.
1 comentario:
kreo ke deverian poñer mais carteles no centro para ke os alumnos se enteraraan das ditas actividades posto ke eu non me enterei e avriame apuntado
Publicar un comentario