Hola a todos e a todas, este blog ten a única pretensión de ser o voceiro do que faigamos todos xuntos dentro de esta aventura que é o plan Valora. Queremos que nos comentedes as vosas opinións, que nos propoñades ideas, que participedes ... Esto é para todos vós, alumnos e alumnas do IES MARIA SARMIENTO, e para as vosas familias.

miércoles, 14 de mayo de 2008

INSCRICIÓNS PARA A SUBIDA Ó MONTE CASTELO


Dende hoxe mércores, están á vosa disposición as autorizacións para a subida ó Monte Castelo. Tédelas que entregar, como prazo máximo, o vindeiro mércores 21, porque hai que saber cantos vades para pedir o autobús e encargar a comida. Xa me diredes cando entreguedes as autorizacións de que vos gustan as empanadas. Recordade, entregádeme as autorizacións a min ou a Fran Basanta (podédelas recoller no ximnasio ou na biblio).
Esperemos que o tempo acompañe, porque a camiñata, asegurovolo, merece a pena.

No hay comentarios: