Hola a todos e a todas, este blog ten a única pretensión de ser o voceiro do que faigamos todos xuntos dentro de esta aventura que é o plan Valora. Queremos que nos comentedes as vosas opinións, que nos propoñades ideas, que participedes ... Esto é para todos vós, alumnos e alumnas do IES MARIA SARMIENTO, e para as vosas familias.

miércoles, 30 de abril de 2008

TOMA DE CONTACTO CO MTE. CASTELO

Bueno amigos e amigas, aquí as fotos da avanzadilla de profes que fumos ver como era isto de subir ó Monte Castelo. Acordádevos que subimos ó 24 de Maio. En fin, a subida, un pouco máis dura ca do monte S. Roque, pero tamén, a paisaxe, moito máis espectacular. Merece a pena, sobre todo, se o día axuda. Como xa sabemos que cada un ten o seu ritmo, imos propoñervos a "doble vía". Isto é, chegado un punto da subida, ides poder elixir: subir por un tramo máis empinado pero moi bonito, ou subir por onde irían os coches, menos empinado, pero tamén máis aburrido... Como vedes, a nosa cara, nas fotos, é de satisfacción, e iso que subimos polo tramo empinado.
Por certo! IDE PENSANDO DE QUE QUEREDES AS EMPANADAS, xa sabedes que pretendemos comer aló arriba.

domingo, 27 de abril de 2008

ESPIRITU VALORA 100%

O venres estaba moi liada co tema da rede de tenis (estropeuse e quedámonos sin cable con que tensar), tiña un de reposto e había que pasalo, como un cordón, pola rede. Pola metade, xa non sentía os dedos ... Menos mal que algúns alumnos/as de 1º bac-C viñeron a demostrar que valen moito ... Empezamos Laura, Ariadna e máis eu, e acabamos ..., bueno, mellor védelo nas fotos que había que sacar para a ocasión. Gracias a todos e a todas, tamén ós colegas do taller de auto, que me prestaron asesoramento e ferramenta. E, ollo ó piollo! vai a foto da profe forzuda con cara de "mozuela de labranza" (xa me entendedes) ...

Fotos da subida ó Monte S. Roque (29.03.08)

Aquí tedes as fotos da subida ó Monte S. Roque. Pasámolo moi ben, ainda que uns andamos máis amodiño ca outros (ja, ja, ja...). Bueno, ide entrenando para a subida ó Monte Castelo!

Fotos da baixada en piragua polo Landro (20.11.07)

Bueno amigos e amigas, tardei un pouco en colgar as fotos, pero aquí están. Espero os vosos comentarios. Animádeme ó resto dos alumnos/as a que participen, porque xa sabedes que a experiencia merece a pena. ¡Ollo ós que xa fúchedes!. Se queredes volver cubride a autorización (biblioteca ou ximnasio), se sobran prazas podedes volver.

martes, 22 de abril de 2008

ESTE SÁBADO, día 26, ABRIMOS A BIBLIOTECA

ACORDÁDEVOS QUE ESTE SABADO PODEDES VIR Á NOSA BIBLIOTECA (de 11 a 13.30).
INTERNET, PELIS, MÚSICA E, POR SUPOSTO, ¡LIBROS!.
Para vós e as vosas familias...

miércoles, 16 de abril de 2008

BAIXADA EN PIRAGUA POLO RIO LANDRO. INSCRÍBETE XA!

Dende hoxe, ata o día 30 da Abril queda aberto o prazo para inscribirse na actividade. Podedes coller a vosa autorización na biblioteca ou no ximnasio. Deberedes entregarlla a calquera dos profes de Educación Física. A baixada realizarémola o sábado día 10 de Maio, se o tempo o permite. O número máximo de prazas é de 50. Se hai máis alumnos/as interesados/as terán preferencia os de 4º ESO, Ciclos e 3º ESO (por esta orde). O prezo será de 5 euros. Non vos despistedes. Collede canto antes a vosa autorización!

martes, 15 de abril de 2008

SUBIDA Ó MONTE SAN ROQUE


O pasado día 29 de Marzo subimos a pé o Monte San Roque. A verdade é que tivemos moita sorte porque o día anterior choveu, e ó día seguinte á nosa saída, tamén. Como pasou coa baixada do Lando, se encargamos o día así, non sae mellor. Pois alí fomos 44 persoas, moitos profes, moitos amigos e moitos alumnos (pero por esta vez gañamos os profes). E por primeira vez, unha nai, participou na actividade. Subimos moi rápido cun día fantástico, e logo de chegar, os máis osados subimos ó Penedo do Galo (que é outra tiradiña). Depois de tanto exercicio, ben nos tiñamos merecido un espléndido xantar: calamares, ensalada, churrasco e xelados. En fin, outro día para non olvidar. Creo que os alumnos que foron repetirán experiencia ...

APERTURA DA BIBLIOTECA


Quixemos tamén que os nosos alumnos poidesen disfrutar da nosa biblioteca fóra do horario escolar. Propuxemos que durante uns sábados pola mañá estivese aberta. As datas de apertura, que figuran tamén, no taboeiro exterior da biblio son as seguintes: 16 de Febreiro, 1 e 8 de Marzo, 12 e 26 de Abril e o día 7 de Xuño.
Podedes vir de 11 a 13,30 da mañá (tanto vós, como as vosas familias) e disfrutar de todos os documentos da nosa biblio: libros, revistas, DVD, música...

Baixada en piragua polo rio Landro


A nosa primeira excursión, dentro do plan Valora, foi a baixada en piragua polo río Landro. Quedamos ás 10.30 na explanada da variante, para logo subir polo paseo do río ata Porto Chao. O día axudou, se o pedimos por encarga non ven mellor. As once da mañá xa estaban os de Roq-Sport esperándonos coas piraguas preparadas. Un pouco de teoría para saber manexarnos coas embarcacións e, ¡a auga patos!. Pasámolo de medo. Despois dunha hora e media de risas e molladuras chegamos ó pavillón Municipal. Acabábase a aventura. Un día para o recordo.