Hola a todos e a todas, este blog ten a única pretensión de ser o voceiro do que faigamos todos xuntos dentro de esta aventura que é o plan Valora. Queremos que nos comentedes as vosas opinións, que nos propoñades ideas, que participedes ... Esto é para todos vós, alumnos e alumnas do IES MARIA SARMIENTO, e para as vosas familias.

domingo, 25 de mayo de 2008

A VER SE ESTE SÁBADO...


Amigos e amigas, estamos de mala sorte. Xa tivemos que aplazar a baixada en piragua polo Landro e tamén a subida ó Monte Castelo. Bueno, este vindeiro sábado (día 31) tentaremos realizar a camiñata ó Castelo, e se desta non vai, cáseque o suspenderemos ata o curso que ven. O das piraguas estamos mirando cando coinciden ben as mareas, pero tampouco prometemos nada... , en fin, non vos preocupedes porque hai valora para rato. Un saúdo a todos.

sábado, 17 de mayo de 2008

SUBIDA Ó MONTE CASTELO

Lembrade que continuamos preparando á subida ó Monte Castelo para o vindeiro sábado 24. Se non podedes coller a vosa autorización no ximnasio ou na biblio, descargádea de aquí.
Lembrádevos de entregala, como moi tarde, o mércores 21.

miércoles, 14 de mayo de 2008

INSCRICIÓNS PARA A SUBIDA Ó MONTE CASTELO


Dende hoxe mércores, están á vosa disposición as autorizacións para a subida ó Monte Castelo. Tédelas que entregar, como prazo máximo, o vindeiro mércores 21, porque hai que saber cantos vades para pedir o autobús e encargar a comida. Xa me diredes cando entreguedes as autorizacións de que vos gustan as empanadas. Recordade, entregádeme as autorizacións a min ou a Fran Basanta (podédelas recoller no ximnasio ou na biblio).
Esperemos que o tempo acompañe, porque a camiñata, asegurovolo, merece a pena.

martes, 13 de mayo de 2008

MAL TEMPO

Como xa sabedes, este sábado, non poidemos baixar o Landro. Moita chuvia, pero sobre todo moito frio. Tampouco era plan pasalo mal ou que tivésemos algún sustiño. Bueno, e agora que?. Pois tentaremos buscar, se é posible, outra data ... Xa vos manteremos informados. Coidádevos!

miércoles, 7 de mayo de 2008

Este sábado, día 10, baixamos o Landro

A ver se o tempo acompaña porque este sábado queremos repetir a boa experiencia do pasado Outubro cando baixamos nas piraguas o río Landro. Haberá que mirar o Meteo Galicia. En fin, non vos olvidedes da roupa para cambiar porque seguro, que ainda que non chova, vámonos mollar.Levade roupa cómoda porque aínda que non esté o día de moito sol, frio non vades pasar ó ir remando. Levade tamén protección solar e acordádevos dos cinco euros que é o custo da actividade. O plan é o seguinte: ás 9.15 quedamos na explanada da variante, sairemos andando polo paseo do río Landro ata Porto Chao, alí colleremos as piraguas sobre as 10.15 da mañá (a empresa Roq-sport ten unha furgoneta que xa nos baixa as mochilas coa roupa para cambiarnos ó chegar). Entre as 12 ou 12.30 chegaremos ó pavillón e alí nos cambiaremos.

TEDE OS MÓVILES ENCENDIDOS POR SE HAI QUE ANULAR A BAIXADA POLO MAL TEMPO