Hola a todos e a todas, este blog ten a única pretensión de ser o voceiro do que faigamos todos xuntos dentro de esta aventura que é o plan Valora. Queremos que nos comentedes as vosas opinións, que nos propoñades ideas, que participedes ... Esto é para todos vós, alumnos e alumnas do IES MARIA SARMIENTO, e para as vosas familias.

miércoles, 7 de mayo de 2008

Este sábado, día 10, baixamos o Landro

A ver se o tempo acompaña porque este sábado queremos repetir a boa experiencia do pasado Outubro cando baixamos nas piraguas o río Landro. Haberá que mirar o Meteo Galicia. En fin, non vos olvidedes da roupa para cambiar porque seguro, que ainda que non chova, vámonos mollar.Levade roupa cómoda porque aínda que non esté o día de moito sol, frio non vades pasar ó ir remando. Levade tamén protección solar e acordádevos dos cinco euros que é o custo da actividade. O plan é o seguinte: ás 9.15 quedamos na explanada da variante, sairemos andando polo paseo do río Landro ata Porto Chao, alí colleremos as piraguas sobre as 10.15 da mañá (a empresa Roq-sport ten unha furgoneta que xa nos baixa as mochilas coa roupa para cambiarnos ó chegar). Entre as 12 ou 12.30 chegaremos ó pavillón e alí nos cambiaremos.

TEDE OS MÓVILES ENCENDIDOS POR SE HAI QUE ANULAR A BAIXADA POLO MAL TEMPO

No hay comentarios: